Miguel Anxo Alonso Diz |
Xosé Tomás |
EscritorMIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ é unha das voces máis
activas da LIX galega da última década. Ós libros publicados: A nena á que non deixaban ser feliz (2013), O soño de Esther (2014), Música no faiado (2018), Unha folla vermella (2020) entre outros, súmase a súa colaboración habitual cos Servizos, e departamentos, de Dinamización Lingüística de diversas entidades a través da impartición de obradoiros de escrita, de poesía ou a realización de contacontos. Ten obra en países como México ou Puerto Rico. |
IlustradorXOSÉ TOMÁS naceu en Betanzos en 1971.
É ilustrador, guionista, humorista gráfico e profesor de inglés de ensino secundario. Ten ilustrado máis de corenta libros de literatura infantil e xuvenil, aínda que tamén escribe e debuxa obras en banda deseñada. Gañou premios como o “Isaac díaz pardo”, o “Fervenzas literarias”, o “Frei Martín Sarmiento”, o “Paraugas”, ou o “Garelo de cultura” (da súa vila natal). Imparte moitos cursos e obradoiros á rapazada e mais a profesorado sobre cómic e ilustración, tanto en Galicia como noutros lugares: Londres, La Habana, Frankfurt, Abuja (Nixeria), Italia... |
Fran Alonso
Autor do limiar
FRAN ALONSO (Vigo, 1963) é escritor, xornalista e editor.
Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade
de Santiago de Compostela, comezou o seu percorrido laboral
no ámbito do xornalismo, no Diario 16 de Galicia e desde abril
de 2018 é director da editorial Edicións Xerais de Galicia.
É Máster en Promoción da Lectura e Literatura Infantil (2001-2003)
pola UCLM e é un dos membros fundadores da asociación
Espazo Lectura. Entre 2006 e 2010, ocupou o cargo de vicepresidente
da Asociación Galega de Editores...
Máis información na súa web.